Friday 17 de May de 2024

Concerto de película, en Touro


Un Concerto de película está programado para o próximo mércores, día 8 de decembro de 2021, en Touro. Será na Sala Dona Dana, ubicada en Fonte Díaz, concello de Touro, a partir das 17.00 horas. A Banda de Música da S.R. San Xoán de Calo e a Banda de Música Isabel II de Touro serán as protagonistas deste concerto que terá como repertorio as bandas sonoras de películas máis coñecidas por grandes e pequenos. O concerto tamén servirá para celebrar o día de Santa Icía, patrona da música, e que se conmemorou o pasado 22 de novembro.